Prezos / Sen rodeos
Características técnicas e prezo estimado.
A transparencia tamén se aplica ao diñeiro: rangos reais, condicións claras e o documento técnico completo para descargar.
Imaxe xerada con IA · GPT Image · 2026
01 Canto custa?
«Nin idea sen coñecerte.»
Moitos preguntádesnos: isto canto custa? E a resposta honesta é esa: non podemos facer algo súper personalizado para ti sen coñecerte primeiro. Pero para que saibas se o podes pagar, dicímoscho claro: un proxecto «pequeno» son uns 50.000 € anuais, e un proxecto «moi grande» son uns 2 millóns de euros anuais.
Se necesitas unha cifra exacta para o teu caso, escríbenos a add4u@add4u.com e facémosche unha estimación á medida.
02 Contratación con principios
Dasme un prego para isto? Nós NON facemos pregos.
É algo que aprendemos «por principios»: por moito que a xente diga «as empresas daranche o seu prego», nós sabemos que iso é un delito. Se fósemos un responsable público sentiriámonos enganados se unha empresa nos dixera «deixa que eu che fago o mellor prego para ti» e despois só se presentase esa empresa, sen baixar o prezo na licitación.
Xa vos dixemos que se unha empresa vos fai o prego vos está enganando? Pois si: as empresas só pensamos na empresa, non no cliente. Que o prego sexa sempre VOSO.
Por iso, e para axudarvos no voso traballo se GestDocAI vos gusta, dámosvos o documento en Word: reutilizade o que creades necesario da plataforma e poñédeo no VOSO prego.
03 O documento
Características técnicas de GestDocAI
Aquí tedes a última versión do que fai a nosa plataforma, por se queredes copiar e pegar algo no VOSO prego. Porque nós non facemos pregos.
Descargar o documento (Word)
